Luns de biblioteca



Os Luns de Biblioteca son unha iniciativa da AFA XANELA que busca ofrecer un espazo de acompañamento ás nenas e nenos do centro os luns, de 16:00 a 18:00 horas, mentres as súas familias asisten a titorías ou agardan polo inicio das actividades extraescolares.

Este servizo é posible grazas á colaboración voluntaria das familias. Con tan só unha pequena achega de tempo por parte de cada persoa participante conseguimos manter unha iniciativa que beneficia a toda a comunidade educativa e, ao mesmo tempo, reducir gastos para poder destinar máis recursos a actividades e proxectos para o alumnado.

Se podes colaborar, inscríbete neste evento. Unha vez coñecido o número de persoas voluntarias, organizaremos as quendas procurando que a participación sexa o máis repartida posible. O obxectivo é que, como máximo, cada familia colabore en dous luns ao longo do curso, e se contamos con suficientes persoas voluntarias, incluso só unha vez.

Se tes limitacións de dispoñibilidade por motivos laborais, familiares ou por calquera outra circunstancia, podes indicalo durante a inscrición. Faremos todo o posible por adaptar as quendas á dispoñibilidade de cada familia e coordinalas co resto de persoas voluntarias para facilitar a participación de todas.


Xa está dispoñible o evento na app (Ábaco familias) para que poidades apuntarvos!

ℹ️ Información importante

🕓 Horario: Luns de 16:00 a 18:00 horas.

👧👦 En que consiste? Acompañar ás nenas e nenos mentres as súas familias asisten a titorías ou agardan polo inicio das actividades extraescolares.

📅 Compromiso: A colaboración será, como máximo, de 2 luns ao longo do curso, procurando que, se contamos con suficientes persoas voluntarias, cada familia participe só unha vez.